gpul-labs / labs2017

Cómo colaborar en los GPUL Labs
https://labs.gpul.org/
MIT License
5 stars 3 forks source link

Domotica Distribuída con Arduinos e Raspi (beginner - amateur) #34

Open Mcpixel53 opened 7 years ago

Mcpixel53 commented 7 years ago

Estaría ben facer unha charla donde se deran a coñecer as principais vantaxes de utilizar unha arquitectura embebida para control domótico, na cal unha raspberry recibira información e controlara arduinos conectados a sensores ou actuadores. Penso que unha version curta con un par de arduinos conectados con wireless/bluetooth a unha raspi utilizando un tipo destos tipos de sistemas daría moito xogo para unha charla/taller. Polo menos para dar a coñecer os principales protocolos, SO's e ferramentas básicas nos que iniciarse a quen lle interesara este tema.

castrinho8 commented 7 years ago

Boas! Pois é unha proposta moi interesante, non sei se ti te animarías a levala adiante ou se coñeces a alguén a quen poidamos liar para o tema :P

Mcpixel53 commented 7 years ago

Polo que vin polo telegram posiblemente non cabera tempo para esta charla neste curso.. E temome que o meu coñecemento sobre o tema non é (ainda) suficiente para realizar a ponencia, pero non me importaría para nada axudar a desenvolvela! Estou falando con xente que coñezo que controla do tema a ver se os podo liar, pero vexoo complicado. Hai un rapaz que lle encargaron domotizar unha nave empresarial, pero a maioría estamos ainda iniciandonos. Por iso penso que sería necesario unha charla na que introduciran este tipo de sistemas e ademais incluir unha parte práctica, quizais orientada a conexion arduinos-raspi os cales xa tiveran un codigo cargado e algún actuador-sensor configurado. A parte de programar o arduino pareceme a máis sinxela, como configurar as tarxetas de wifi-bluetooth para enlazar as partes do sistema distribuido, para transmision de datos mediante protocolos xa non tanto. Eu pretendo utilizar Nrf24 con arduino ou un esp8266 (de non amañar co anterior, que é mais rentable pero carece de taboa instruccions ip) para comunicacións no meu proxecto, pero gustaríame coñecer mais sobre isto e faiseme tanto que non sei por onde empezar. De ahí que me interese que se realice esta charla jeje. Daniel piñeiro parace que controla do tema, pero coido que non o coñezo, non sei se estaría interesado en organizala coa miña axuda.

castrinho8 commented 7 years ago

Pois eu penso que podemos ver de organizalo cara Setembro sen problema xa que ahora xa temos todos os ocos ocupados e xa alongamos os Labs case un mes mais do esperado e meternos en verán penso que pode facer que apenas teñamos asistencia.

Se che parece mantémola aquí e imos vendo un pelín máis adiante a ver si lle facemos un oco ;)

Mcpixel53 commented 7 years ago

Por min encantado, se todo vai como espero no seguinte semestre andarei facendo o tfg unicamente, así que aprobeitarei para poñer a andar varios proxectos :D

ssaavedra commented 7 years ago

A mín tamén me gustaría ver algo relacionado con facer funcionar o ESP8266. Poderiamos incluso partir dun Itead Sonoff e ESPurna (porque Sonoff non trae software libre).