meixome / hunspell-gl

hunspell-gl
GNU General Public License v3.0
7 stars 8 forks source link

Non parece funcionar en LibreOffice 5.4 #202

Closed Quibi closed 6 years ago

Quibi commented 6 years ago

Ola,

Teño instalada a versión 13.10 no LibreOffice 5.4 pero non funciona. De feito, nin sequera podo seleccionar o idioma galego como idioma do texto.

A instalación fíxena orixinalmente nalgunha versión anterior do LibreOffice (non lembro). Tentei actualizala, instalala dende a páxina de extensión do LibreOffice, etc. En todos os casos, a aplicación bloqueouse e non foi posible a reinstalación.

Na páxina correspondente do LibreOffice https://extensions.libreoffice.org/extensions/corrector-ortografico-para-galego só é compatible ata a versión 4.1 deste programa.

Estou facendo algo mal? Debo cambiar algunha configuración? Simplemente non é compatible? Vexo con preocupación que este proxecto non se actualizou dende hai certo tempo.

Grazas e un saúdo.

LibreOffice 5.4.4.2 Hunspell-gl (Corrector Hunspell para o galego) 13.10 Macos 10.12.6

Quibi commented 6 years ago

Esquecédeo. Sen facer nada en especial, empezou a funcionar. Grazas de todos os xeitos.