Open xurxogp opened 5 days ago
👍
Ola @xurxogp, unha mágoa non térmonos coñecido antes porque fixemos o dobre de choio sen necesidade 😅 xa teño a tradución feita por completo (creo que non me deixei ningunha liña)
Un dos puntos que tiven en conta foi empregar unha terminoloxía o máis neutra posíbel coas palabras propias, por exemplo: nome de usuario = alcume. Así como utilizar o acordo de mínimos da lingua aprobado a primeiros do 2000.
Tamén seleccionei palabras que se utilizaron na tradución de Twitter e que se inclúen no dicionario da RAG que fai relación as mensaxes de microblogging.
Outra cousa na que me fixei para a adaptación das novas palabras foi ver como as traduciron noutras linguas. Por exemplo, Feeds como Canle para que non se contradiga con Source.
Se queredes podo pasárvolo para que lle botedes unha ollada antes de tocar nada do feito, porque me dá no fuciño que en breve (e co aumento do éxito da app) van aparecer unha morea de liñas novas para traducir 🥳
Ola @carlosvieito,
Moitas grazas polo teu traballo. Mira eu non son min filólogo nin lingüista, fixen a tradución máis de corazón que non co coñecemento que se ten que ter. Muda todo aquilo que creas conveniente, de certo que haberá até erros ortográficos. Por fin unha app móvil en galego, que o do Twitter supuxo una grande decepción despois de tanto traballo.
Grazas
Grazas a ti polo teu traballo, @xurxogp! Ogallá estea dispoñible canto antes e toda a xente que está migrando a Bluesky, se pase ao galego 🩵
Hi, I just wanted to let you know that there's one more change that will be needed in this PR to enable the Galician localization. In lingui.config.js
you need to add a gl
entry after ga
:
https://github.com/bluesky-social/social-app/blob/f1c221ed2848d156d81816fbf9aa5d5580a6aacd/lingui.config.js#L11-L12
Hi @surfdude29, Change made.
Thank you
First PR for adding galician language to Bluesky.