Closed rafacouto closed 10 years ago
Deixaríalle unha pulsación aínda máis longa que 3 segundos, con nenos moi pequenos ou con discapacidades é fácil que preman tempos longos sen decatarse.
Implementado en 33b4e8942cee61a750c078f3df02bdd636527c7c.
Houbo que facer unha refactorización da clase ButtonSet e das herdeiras para implementar os métodos pressed e released liberando o método scanButtons() da responsabilidade de devolver o botón pulsado na súa chamada e convertir a pulsación dos botóns nos eventos asíncronos buttonPressed(BUTTON button) e buttonLongPressed(BUTTON button).
En breve daráselle funcionalidade ás pulsacións longas como a que está descrita en #2.
Unha pulsación longa (máis de 3 segundos) nun botón da botoneira pode ampliar a súa posible funcionalidade sen ter que incrementar o número de botóns.
Por exemplo, para cambiar de punto de vista neno/escornabot podería utilizarse o botón 'norte' cunha pulsación longa.