Open SdeScotty opened 4 years ago
As actividades que non fagan uso de smarty deberían desaparecer tamén, non poden convivir os dous modos senón sería inmantenible a aplicación.
Saúdos.
Vale, pois cando todos os que facemos o proxecto pasemos a smarty as actividades borramos o que sobra.
Hai arquivos no proxecto que xa non funcionan como /Controlador/librerias/utils.php e outros que son usados nas actividades antes do salto a smarty (os arquivos php de /Vista/layout). De borrarse estes arquivos todas as actividades que non fagan uso de smarty deixarán de visualizarse correctamente (de feito dará erro porque a ruta dos include xa non funcionará). Deberíamos deixalos ou borralos?