dwcs-ucha / proxecto1

Proxecto da 1ª avaliación
Other
3 stars 4 forks source link

Borrar arquivos e actividades #30

Open SdeScotty opened 4 years ago

SdeScotty commented 4 years ago

Hai que borrar todas as actividades que non fagan uso de smarty e os arquivos que ofrecen soporte a estas actividades según o indicado aquí https://github.com/dwcs-ucha/proxecto1/issues/26

Os que facemos o proxecto somos: Santiago, Manuel, Azael, Luis e Breogán (Cristóbal decidiu renunciar) así que o resto de actividades serán borradas a menos que alguén máis suba a súa actividade actualizada ou simplemente comente que vai facela.

A data na que se borrarán todos eses arquivos será o día anterior a entrega do proxecto (por se borrar iso provoca algún erro inesperado que se deba arranxar), é dicir o día 13 de Maio.

Comentade que vos parece.

BreoArmando commented 4 years ago

O que nos pareza non importa, é a palabra de Marcos, polo que así debe ser.

O que sí que penso é que facelo un día antes podería ser tarde, pensa que ao mellor hai unha liada gorda que require moito traballo e non sei con cantos compañeiros poderás contar para arranxalo. En condicións normais, botaría eu unha man, pero dado que estou bastante liado con outras cousas preferiría non meterme niso.

É dicir, dependendo do tempo que lle vaias adicar ao día ao proxecto nesta semana, eu miraría de facelo borrado dous ou tres días antes, así terás máis tempo para correxir os problemas que poidan ocorrer.

dwcsucha commented 4 years ago

O borrado non debería ter moito risco e tede en conta que no repositorio se podería volver para atrás. En calquera caso, facede a limpeza en local e logo subídea unha vez teñades comprobado que sigue todo funcionando.

SdeScotty commented 4 years ago

Fixen unha proba en local e non pasou nada extraño, salvo nas actividades de Breogán (podes probar a borrar os arquivos comúns dentro de /Vista/layout que son: cabeceira.php, estadisticas.php, head.php, pe.php) e Manu pero é porque a actividade está incompleta.

BreoArmando commented 4 years ago

Apuntadas quedan, Santi; mañá elimínoas e xa acabo de preparar o proxecto para enviar.