meixome / hunspell-gl

hunspell-gl
GNU General Public License v3.0
7 stars 8 forks source link

Manual de instalación #255

Open barcia opened 6 years ago

barcia commented 6 years ago

Igual sería boa idea publicar xunto con este repositorio un pequeno tutorial sobre como instalar o dicionario no distintos sistemas operativos, para facilitar que realmente todo o mundo poida usalo teña os coñecementos informáticos que teña.

Pode que no readme.md, ou mellor aínda, na páxina da Wiki sexa un bo lugar para iso.

Por suposto, eu ofrézome voluntario para facer algún sobre o que eu controle.

meixome commented 6 years ago

Desde logo sería útil. Pretendemos publicar non só a publicación senón un «engadido» para Mozilla e tamén unha extensión para LibreOffice, que conteña non só o corrector senón o guionizador, e o dicionario de sinónimos.

Calquera axuda que poidas prestar no sentido de difundilo en distintos sistemas operativos, aplicacións, etc. será moi benvido.

Se elaboras algo, para o wiki ou como titorial ou no formato que se sexa estaremos encantados de utilizalo.

Gallaecio commented 6 years ago

@barcia: O README.rst di:

Se busca información para usuarios sobre como instalar e usar o corrector, ou máis información xeral sobre el, consulte a documentación no sitio web de Trasno.

A sección Instalar desa ligazón liga á súa vez a http://wiki.trasno.gal/Corrector_Hunspell_de_galego#Instalar

Así que as instrucións estar están. Pero se non as atopaches á primeira será por algo.

Igual se che ocorre unha forma de facer máis obvio onde están? Cres que axudaría se a ligazón do README.rst estivese baixo unha cabeceira que diga Documentación?